Participa no PÁDEL DAY! Desfrutarás e mellorarás a túa técnica!

As pistas de pádel de Sar acollen este sábado 1 de decembro (16h – 18h) unha nova sesión de PÁDEL DAY, unha actividade pensada para quenes queiran xogar partidos rápidos con e contra diferentes compañeiros e parellas. Na clase estará presente un monitor, que amais de resolver dúbidas, tamén poderá participar nos enfrontamentos. A sesión estará dedicada á categoría feminina con nivel iniciación II.

A QUEN VAI DIRIXIDO? A xente que queira xogar, desfrutar, observar, interactuar e, sobretodo, MELLORAR.

INSCRICIÓN. Será semanal e de maneira presencial na recepción das piscinas Fontes do Sar.

CATEGORÍAS. Masculina, feminina e mixta a partir de 16 anos.

PARTICIPANTES. Mínimo de 5 persoas e ata un máximo de 15.

NIVEIS. Iniciación I e II, medio I e II.

DURACIÓN. Levarase a cabo os sábados e teremos á nosa disposición tres pistas.

PREZO. 5€ abonados / 15€ non abonados.

APERITIVO E AGASALLOS. Haberá un aperitivo para todos os participantes e varios agasallos: vales para o uso da tanita, vales desconto en material deportivo, vales de uso de pista gratis…

Pin It