Por ser abonado das instalacións tes un 10% de desconto en entradas para o Blusens Monbus

Os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel teñen un 10 % de desconto na compra de entradas para os partidos que o Blusens Monbus desputará no Fontes do Sar ata finalizar a temporada.
Quenes queiran aproveitar esta oferta poderán adquirir as localidades tanto nas oficinas do club (en horario de 10 a 14 horas, e de 17 a 20 horas – de luns a venres) como en taquilla os días de partido.
Só se poderá adquirir unha entrada por carnet e exclusivamente para o titular, que deberá presentar a tarxeta de abonado e o seu dni á hora de retirar a súa localidade e entrar no recinto.

Pin It