Todos os luns ás 20.15h na pista central do Multiusos Fontes do Sar, MASTERCLASS DE ZUMBA!

Porque queremos que desfrutes da festa do ZUMBA ao grande, agora e ata novo aviso, os abonados do Multiusos Fontes do Sar podedes gozar todos luns ás 20.15h na pista central da instalación dunha gran masterclass da man da instructora Ana Martínez. Amais, sempre haberá sorteos de agasallos entre todos os particpantes. O luns 22 de abril sortearase entre os asistentes un SERVIZO DE LAVADO E PEINADO na peluquería WOMMENS HAIR, situada en El Corte Inglés; unha sesión de cavitación e presoterapia; e dúas sesións de plataforma vibratoria en MULTIESTETIC. Agardámoste!!

Pin It