Empeza en outubro unha nova Liga de Pádel e Tenis nas pistas de Sar

O luns 7 de outubro arranca unha nova liga de pádel e tenis, que se celebrará nas pistas de Sar durante aproximadamente tres meses. Haberá tres categorías, masculina, feminina e mixta (esta última só en pádel), e poderán asistir participantes de todos os niveis, tanto se están comezando no deporte como se xa o dominan, xa que terán tres divisións entre as que escoller: 1ª (nivel medio-avanzado); 2ª (Iniciación II); e 3ª (iniciación I).

Inscrición
Só se permite unha inscrición por división/nivel. Inscrición na recepción das piscinas fontes do Sar do 24 de setembro ao 3 de outubro.
– Abonados que están nos cursos: 5€/persoa.
– Resto de abonados: 10€ / persoa.
– Non abonados: 20€ / persoa.
*RECIBIRASE UNHA CAMISETA CON CADA INSCRICIÓN

Xornada final
· Desputaranse os títulos daquelas ligas que estean conformadas por máis de un grupo.
· O resto de participantes, xogarán “batallas” rápidas entre sí durante toda a tarde.
· Entrega de premios e sorteo de material deportivo entre todos os participantes.

Pin It