Este Nadal volve o Campus Sar!

O Campus Sar regresa ás instalacións do Multiusos Fontes do Sar este Nadal. Entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro, en quendas de unha semana, os rapaces poderán desfrutar dunha completa programación con actividades formativas e de lecer.

O Campus Sar Nadal 2013 terá lugar de luns a venres de 8.45 a 14.30. Está destinado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. As principais actividades do campamento serán pádel, tenis, inglés e natación, aínda que tamén haberá tempo para o fútbol, o baile, a psicomotricidade, o baloncesto, o teatro, os xogos cooperativos, contacontos, xogos tradicionais e moito máis.

O Campus Sar deste Nadal levarase a cabo no hall de entrada do multiusos, na piscina, pistas de pádel e tenis e salas de actividades. Contaremos con licenciados en educación física, monitores de tempo libre, instructores de pádel, de tenis e de natación.

INSCRICIÓN
De maneira presencial en calquera das tres recepcións. Dende o 2 de decembro de 2013 só para abonados. A partir do 9 de decembro para non abonados.

PREZOS
1 SEMANA: 40€ abonados /60€ non abonados
2 SEMANAS: 35€ abonados /55€ non abonados

O NENO QUE ASISTA AO CAMPUS DEBE LEVAR
Mochila, gafas, muda, bañador, chándal, merenda, gorro, toalla e roupa deportiva.

Pin It