Os domingos desfruta en familia de MULTIXOGO, un parque infantil no hall do Multiusos de acceso GRATUITO para nenos abonados!

O día 10 de novembro empeza MULTIXOGO, un evento infantil con actividades para nenos e nenas que se celebrará todos os domingos no vestíbulo do Multiusos Fontes do Sar en horario de 16 a 20 horas.
Multixogo está pensado para ofrecer unha alternativa de lecer en familia nas tardes de domingo. Haberá actividades destinadas para rapaces de ata 12 anos: inchables, obradoiros, xogos, actividades deportivas…
A entrada é GRATUÍTA PARA OS NENOS que sexan ABONADOS do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel, e custaralle 10€ aos que non están inscritos en ningún dos dous centros.

Pin It