Por ser abonad@ das instalacións a entrada para o espectáculo infantil “Simplicissimus” no Gaiás sairáche un 20% máis barata

Os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel tedes un 20% de desconto ao comprar a vosa localidade para o evento infantil “Simplicissimus” que se representará o sábado 28 de decembro na Cidade da Cultura en dous pases,
ás 18 e ás 20 horas.

Para obter a entrada a un prezo reducido de 4 € -en lugar de 5€- só tedes que dar o código “Multiusos” ao mercar a localidade no teléfono 902 504 500 de Servinova. Simplicísimus é a primeira revista musical infantil e familiar.
Unha proposta surrealista na que a danza clásica, contemporánea, music-hall e o claqué combinaranse co teatro, clown, monicreques, mimo e acrobacia nun espectáculo cheo de luz, brillo e cor.

Máis información sobre o espectáculo aquí.

Pin It