Celebra o cumpreanos do teu nen@ en Multixogo! Tes un prezo especial por ser abonad@ das instalacións!

cumple_web1

Agora, no parque infantil instalado todos os domingos no hall do Multiusos Fontes do Sar, tamén podes festexar o aniversario do teu fillo ou da túa filla. En MULTIXOGO desfrutarán dunha divertida tarde con inchables, camas elásticas, baloncesto, tenis de mesa, obradoiros, e moitos xogos! Os asistentes ao cumpreanos poderán acceder ao parque infantil, disporán dunha zona reservada e poderán gozar dunha merenda. Se estás interesado escríbenos a multixogo@multiusos.net ou chámanos ao 981 568 160. O prezo é de 7€/neno se o que cumpre anos é abonado; e de 10€/neno se non o é.

Pin It