Este venres 16 de maio o Multiusos acolle o Día Internacional da Familia, organizado pola Concellería de Familia e Benestar Social

FAMILIAweb

A Concellería de Familia e Benestar Social organiza este venres no Multiúsos do Sar unha nova edición do Día Internacional da Familia. Unha xornada na que os máis pequenos poderán gozar cos xogos, inchables e a presenza dun contacontos e do Mago Xacobe.

Dende as 17:30 ás 21:00 horas celebraranse diversas actividades para nenos e nenas que terán inchables á súa disposición durante a xornada. E entre as 19:00 e as 20:00 horas, un contacontos baixo o título “De Tintín Marín”, a cargo de Soledad Felloza.

Ademais, a partir das 20:00 horas e ata ás 21:00 todos aqueles que se acheguen ata o Multiúsos poderán gozar da actuación “Ilusións Máxicas” que correrá a cargo do Mago Xacobe, onde os espectadores poderán participar no desenvolvemento das súas actuacións.

Pin It