Case 30.000 persoas desfrutaron do espectáculo “Dralion” do Cirque du Soleil en Santiago

2014-07-10 Circo del Sol - Dralion - Santiago 254O Cirque du Soleil abandona a capital compostelana despois de que preto de 30.000 persoas acudiran entre os días 10 e 20 de xullo ás dez sesións programadas no Multiusos Fontes do Sar. O show, que se presentou por primeira vez en 1999, continuará nos vindeiros días a súa xira de despedida en Granada, Bilbao e Mallorca.

Esta foi a terceira vez que a compañía canadense estivo no Multiusos Fontes do Sar, logo de que no 2011 ofrecera o seu espectáculo “Alegría” e no 2010 “Saltimbanco”, e supón a cuarta visita a Galicia despois de que en decembro do ano pasado visitara a cidade herculina co show Quidam.

No espectáculo “Dralion” participan máis de 50 artistas entre acróbatas, ximnastas, cómicos, músicos e cantantes internacionales, pertencentes a 19 países. É a fusión de 3000 anos de tradición das artes acrobáticas chinas co enfoque multidisciplinario de Cirque du Soleil. Inspírase na filosofía oriental e a súa busca incesante da harmonía entre os seres humanos e a natureza. O nome deste espectáculo (pronunciado “Dra-lee-on”) débesa ás súas dúas criaturas emblemáticas: o dragón, que simboliza o Leste, e o león, o Oeste.

2014-07-10 Circo del Sol - Dralion - Santiago 337En Dralion os catro elementos que rixen a orde natural adquiren forma humana. Deste xeito, cada elemento é representado por unha cor: o aire é azul, a auga é de cor verde, o lume é vermello e a terra ocre. No mundo de Dralion as culturas mestúranse, o home e a natureza son un, e acada o equilibrio.

Pin It