O baloncesto de élite volve esta fin de semana ao Multiusos Fontes do Sar da man do Rio Natura Monbus Obradoiro, que terá que enfrontarse ao Montakit Fuenlabrada (sábado 15, 20:00 horas) para buscar a cuarta victoria desta tempada ante a súa afección.
Este encontro estará patrocinado polo Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel. É por isto que todos os abonados ás instalacións poderán desfrutar dunha promoción especial: ata dúas entradas a 9 euros cada unha (Tribuna 2) amosando o carné nas oficinas do club.
As entradas con promocións pódense mercar nas propias oficinas do club, con horario laborable de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. No caso de entradas xerais, a xestión tamén se pode realizar mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou no despacho de localidades o propio día do partido.