En xaneiro empezan novos cursos trimestrais de pádel e tenis

No mes de xaneiro empezan novos cursiños trimestrais de pádel e tenis nas pistas de Sar tanto para nenos como para adultos (a partir de 16 anos). A inscrición para estas clases será na recepción das piscinas Fontes do Sar do seguinte xeito:

– PREFERENTE só para abonados que queiran manter a praza de decembro: ata o 19 de decembro.
– ABONADOS: a partir do 20 de decembro
– NON ABONA_USR5590DOS: a partir do 26 de decembro

Os prezos dos cursiños van dende os 11,20 €/mes aos 53€, da seguinte forma:

.Adultos abonados: 20€/mes (1 clase/semana) 26,50€/mes (2 clases/semana)
. Adultos non abonados: 40€/mes (1 clase/semana) 53€/mes (2 clases/semana)

.Nenos abonados: 11,20€/mes (1 clase/semana)
.Nenos non abonados: 22,40€/mes (1 clase/semana)

É imprescindible estar empadroado no concello de santiago para inscribirse nos cursos de non abonados. Os cursiños son grupais, e celebraranse se hai un mínimo de 3 inscritos no caso dos adultos e cun mínimo de 4 inscritos en nenos. Consulta dispoñibilidade de prazas na recepción das piscinas de Sar, e pregunta ao teu monitor ou en recepción da instalación polo teu nivel.

Pin It