Esta fin de semana rematou a liga de pádel e tenis de Sar que se desenvolveu nas pistas entre os meses de marzo e xuño. Foi nunha xornada chea de bo ambiente e grandes finais. A liga contou co apoio de dous patrocinadores, Alfonso Joyeros e a tenda de deportes FM Sports, que axudaron a que se levara a cabo o evento. Noraboa aos premiados e grazas a tod@s por participar. Vémonos na seguinte edición!