O Campus Sar continúa ata o 9 de setembro

 

CAMPUSSAR2016Os nenos e nenas de Compostela poderán seguir desfrutando da programación multidisciplinar do Campus Sar ata o venres 9 de setembro, de luns a venres, en quendas semanais. Piscina, inglés, actividades deportivas, obradoiros temáticos, pádel e tenis, actividades dirixidas, inchables… son algunhas das actividades que centrarán a formación e o entretemento dos máis pequenos. Poderán anotarse rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos.

As actividades desenvolveranse nas piscinas ao aire libre, pistas de pádel e tenis de Sar, no hall de entrada, pistas central e polideportiva, e salas de actividades do Multiusos de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h. Existe a posibilidade de ampliar o horario de 8 a 15 horas para quen o desexe, incluíndo o almorzo, pagando un sumplemento que vai dende os 5€/semana.

Día tipo no Campus

8:00-8:45. Almorzo / recepción dos nenos en cafetaría.

8:45-9:15. Recepción dos rapaces no hall de entrada do Multiusos.

9:15-11:15. Inglés, actividades deportivas, xogos, obradoiros.

11:30-13:00. Natación e merenda.

13:00-14:00. Pádel e tenis.

14:00-15:00. Recollida na pista de tenis.

O campus contará coa presenza de profesionais con formación específica en cada área, entre os que se contan licenciados en educación física, monitores de tempo libre, instructores de pádel, de tenis e de natación, e profesor de inglés. Amais de favorecer a conciliación familiar, entre os obxectivos do Campus Sar están que os nenos poidan coñecer e practicar diversos deportes; mellorar en determinadas disciplinas, coma o tenis, a natación, etc; descubrir diferentes formas de divertimento, cooperación e traballo en equipo; e fomentar que os alumnos desfruten e teñan unha experiencia positiva.

Xa está aberto o período de inscrición. Os interesados deberán anotarse de forma presencial na recepción do Multiusos Fontes do Sar, nas Piscinas Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel. Os prezos son os seguintes:

1 semana: abonados 42€ / non abonados 62€

2 semanas: abonados 80€ / non abonados 120€

3 semanas: abonados 114€ / non abonados 174€

4 semanas: abonados 140€ / non abonados 220€

Se desexas máis información podes consultarnos en recepción das instalacións, escribirnos un correo a campussar@multiusos.net ou chamarnos ao teléfono 981 568 160.

Descarga aquí a folla de inscrición do Campus Sar.

 

Pin It