O 19 de outubro únete á xornada solidaria contra o CANCRO DE MAMA

CANCROMAMA2016O 19 de outubro o Multiusos Fontes do Sar e o C.D. Santa Isabel súmanse ao rosa. As instalacións celebrarán unha xornada solidaria en beneficio da aecc para a loita contra o cancro de mama na que todos podedes participar. Aquí che contamos tres xeitos de colaborar.

1. Tingamos as instalacións de rosa. ¡Non nos falles! Ven facer deporte con algún elemento (camiseta, gorra…) desta cor.
2. O recadado ese día nas instalacións en entradas, aluguer de toallas, etc, destinarase íntegro á aecc. ¡Anima a tod@s os teus amigos e coñecidos a participar!
3. Se o prefires, fai o teu donativo en ES25 2028 5540 3530 4000 3158 indicando no concepto AECC.

¡Contamos contigo!

Pin It