O 11 de setembro abre a inscrición para os cursiños de natación cuadrimestrais nas instalacións

CURSOSoutubro2018En outubro comezará no Complexo Deportivo Santa Isabel e na piscina Fontes do Sar unha nova edición de cursiños de natación cuadrimestrais, na que se ofertan arredor de 1.500 prazas para abonados e non abonados ás instalacións. Os abonados dos centros terán un período de inscrición preferente, que arrancará o martes 11 de setembro para os adultos e o mércores 12 de setembro para os nenos, mentres que os non abonados deberán agardar ata o 18 de setembro no caso dos adultos e o 19 de setembro no caso dos nenos para optar ás prazas restantes.

Un curso de catro meses custaralle a un adulto abonado 16,80€ se é dous días á semana, e 8,25€ se é un só día á semana. Os nenos abonados a algunha das dúas instalacións pagarán 11,85€ polo curso que se imparte dous días á semana, e 5,90€ polo que é un día á semana. Pola súa parte, o prezo do curso para os adultos non abonados é de 33,60€, e para os nenos que non están abonados é de 23,95€.

Na oferta de cursos hai clases de natación terapéutica e preparto, clases específicas para as persoas maiores de 60 anos e para nenos de diferentes rangos de idade (3-7 anos, 7-13 anos, 13-17 anos). A inscrición aos cursos realizarase de xeito presencial na recepción das piscinas Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel, ou de xeito on-line a través da web www.multiusos.net e www.santaisabel.net.

Consulta aquí a oferta dispoñible.

Pin It