Esta semana abre a inscrición para os cursiños quincenais de pádel e tenis que se desenvolverán nas pistas de Sar durante o mes de xullo.
PERÍODO DE INSCRICIÓN CURSOS QUINCENAIS DE XULLO:
 – Abonados: a partir do 5 de xuño.
– Non abonados: dende o 12 de xuño.
– En control de accesos das Piscinas Fontes do Sar.
INSCRICIÓN CURSOS CUADRIMESTRAIS SETEMBRO-DECEMBRO
– Inscrición xa aberta para os abonados inscritos en xuño que queiran manter a mesma praza.
PREZOS MENSUAIS:
 – Adultos abonados (a partir de 16 anos):
 20€ (1 clase/semana)
 26,50€ (2 clases/semana)
 – Adultos non abonados:
 40€ (1 clase/semana)
 53€ (2 clases/semana)
· É imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago para inscribirse nos cursos de non abonados.
 · Os cursiños son grupais. Celebraranse se hai un mínimo de 3 inscritos.
 · Consulta dispoñibilidade de prazas na recepción das piscinas de Sar ou no teléfono 981 568 162.
 · Consulta o teu nivel en recepción ou ao teu monitor.
Asimesmo, para os interesados en anotarse nos cursos cuadrimestrais que se desenvolverán de setembro a decembro, xa está aberta a inscrición para os abonados inscritos en xuño que queiran manter a mesma praza.
 
	 
					


