HARLEM GLOBETROTTERS en Santiago de Compostela

Os Harlem Globetrotters regresan a España co maior espectáculo deportivo do mundo. Os reis da cancha estarán en Santiago de Compostela o próximo 12 de maio de 2019, no Multiusos Fontes do Sar

Se o que queres é rir, divertirte, flipar cos mates imposibles e as acrobacias demenciais, este 2019 non te podes perder o show dos magos do baloncesto. A nova xira dos Harlem Globetrotters comeza en maio de 2019 e será épica.

Durante máis de 90 anos veñen deixando pegada entre os seus fans, tanto pequenos coma grandes, co seu incrible show familiar de entretenemento e as súas habilidades únicas. Os auténticos e incomparables Harlem Globetrotters estanse preparando para unha xira que chegará a España este 2019 chea de acción e novidades, efectos especiais, ademáis de sorpresas para os espectadores e cunha lista repleta de estrelas que fará que o público estea pegado ao seu asento durante todo o espectáculo para presenciar a maxia e a arte dos xogadores co balón.

Máis de 50.000 persoas desfrutaron da xira en maio de 2018, entre moitas risas, humor, adrenalina, loucuras e entretenemento para toda a familia. Cada xogada estará chea de maxia, mates incribles, dribblings asombrosos, tiros espectaculares, ademáis dunha comedia asegurada e unha interacción cos fans sen igual.¡E non te perdas o final! Despois do partido, as estrelas Globetrotters quédanse para firmar autógrafos e facerse fotos con todos os afeccionados.

¿Queres sentirte como un auténtico Globetrotter? Non te perdas a oportunidade de vivir o mellor espectáculo do mundo de baloncesto ¡dende dentro da cancha!, mercando as entradas da GLOBETROTTERS EXPERIENCE. ¡Séntate ao lado do banquillo, saúda aos xogadores, xoga con eles, faite fotos e lévate os seus autógrafos! ¡É unha experiencia inesquecible e exclusiva! 

HORARIOS:

  1. Acceso Magic Pass – 16:00 horas
  2. Inicio Magic Pass – 16:30 horas
  3. Fin Magic Pass – 17:00 horas
  4. Apertura de portas – 17:00 horas
  5. Meet & Greet (Globetrotters Experience) – 17:15 horas
  6. Inicio Show – 18:00 horas
  7. Fin Show – 20:00 horas

As entradas para Harlem Globetrotters en Santiago de Compostela teñen un prezo dende 20 euros. O prezo da entrada variará en función da zona seleccionada do recinto e do tipo de entrada: entrada normal, entrada con movilidade reducida, entrada Globetrotters Experience ou Magic Pass.

Pin It