Aberta a inscrición para os cursiños de natación intensivos no C.D. Santa Isabel

Nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro o Complexo Deportivo Santa Isabel programa cursos de natación intensivos para nenos e adultos. Os abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou ao C.D. Santa Isabel teñen un período de preferente para anotarse que se inicia o 15 de maio, mentres que os non abonados ás instalacións terán que agardar ata o 22 deste mes. A inscrición realízase de xeito presencial na recepción das instalacións.

O curso ten un prezo de 14€/mes para os nenos abonados, e de 28€/mes para os rapaces que non o sexan; no caso dos adultos pagarán 20€/mes os abonados e 40€ quenes non están inscritos nos centros. Haberá cursos para adultos de luns a venres ás 8.30h, ás 9.15h, ás 10h, ás 16h, ás 19.45h e ás 20.30h. Para nenos de entre 4 e 12 anos haberá clase ás 16.45h, ás 17.30h, 18.15h e ás 19.00h. En total ofértanse 240 prazas.

Pin It