As instalacións implícanse na proba de obstáculos “O Camiño Race”

A carreira de obstáculos “O Camiño Race”, que o día 19 de outubro partirá dende a Cidade da Cultura, disporá dun tramo que transcorrerá pola zona de adestramento funcional do Multiusos Fontes do Sar, e contará cunha masterclass preparatoria para a proba que se desenvolverá nas instalacións deportivas o día 4 de outubro. Amais, os abonados do Multiusos e do C.D. Santa Isabel que queiran participar terán un desconto de 10€ se se anotan antes do 30 de setembro, tan só introducindo o seu código promocional, que deberán solicitar na recepción dos centros.

O CAMIÑO RACE consiste nun percorrido de 8 km con cerca de 35 obstáculos entres os que os participantes atoparán muros, cargas de sacos e troncos, monkey bars, elementos de suspensión, cordas verticais e horizontais e demáis probas que farán que cada corredor se supere física e mentalmente. As inscricións están dispoñibles no enlace https://championchipnorte.com. Cada corredor coa inscrición ten dereito a Seguro de RC, seguro persoal de accidentes, camiseta finisher, medalla finisher, avituallamento, servizo de duchas, servizo de gardarroupas e dereito a participar en tódolos sorteos do evento.

Pin It