NADAL: Recollida solidaria de xoguetes para Cáritas e Multixogo especial de Nadal

Entre o 3 e o 16 de decembro poñemos en marcha unha campaña de recollida de xoguetes que se destinarán a Cáritas, que llos entregará ás familias que máis o necesitan. Os puntos de entrega estarán no Multiusos Fontes do Sar, nunha mesa habilitada para ese fin no hall ubicado entre as salas de musculación e cardio, e no C.D. Santa Isabel, ao lado de recepción. Os agasallos serán xoguetes ou complementos deportivos (balóns, cordas, aros, equipación de deporte, xogos, etc) e é condición indispensable que sexan novos, sen estrear.

Asimesmo, o domingo 15 de decembro, entre as 16:30 e as 20:30h, celebraremos o Multixogo Nadal 2019, con visita de Papá Noel, Zumba navideño para toda a familia, obradoiros de postais navideñas e de adornos de Nadal, inchables, camas elásticas e xogos. Poderase acceder GRATIS coa entrega dun xoguete ou complemento deportivo novos.

Pin It