Este sábado, exhibición de Kick Boxing con Juancho Vázquez en Área Central

O sábado 14 de marzo Juancho Vázquez, instrutor de actividades no Multiusos Fontes do Sar, ofrecerá unha exhibición de Kick Boxing no centro comercial Área Central, na que participarán integrantes do clube de tódalas idades. Será a partir das 19:30h e terá unha duración de aproximadamente 45 minutos, nos que se verán os distintos traballos desta disciplina deportiva. Os interesados podedes achegarvos a ver a demostración e, se vos animades, participar.

Pin It