Este verán volve o Campus Sar

Os nenos e nenas de Compostela volverán desfrutar este verán da programación multidisciplinar do Campus Sar, que se desenvolverá no Multiusos Fontes do Sar dende o 22 de xuño ata o inicio do curso escolar en setembro en quendas semanais. Actividades ao aire libre, piscina, actividades en inglés, obradoiros temáticos, actividades deportivas, baile, xogos tradicionais, clases dirixidas… centrarán o entretemento dos máis pequenos. Os protocolos do campamento seguirán en todo momento as indicacións estipuladas polas autoridades sanitarias e o aforo estará limitado.

O campamento, destinado a rapazas e rapaces de entre 4 e 14 anos, conta coa presenza de profesionais con formación específica, entre os que se contan licenciados en educación física, monitores de tempo libre, instrutores… As actividades desenvolveranse de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h, coa posibilidade de ampliar o horario de 8 a 15 horas para quen o desexe.

Os abonados ao Multiusos Fontes do Sar e ao C.D. Santa Isabel terán inscrición preferente a partir do luns 15 de xuño, mentres que os non abonados deberán agardar ata o xoves 18. En función das semanas que precisen e da súa condición ou non de abonados das instalacións, o prezo parte dende 39€ a semana:

Campus Sar 1 semana abonado 46 €
Campus Sar 1 semana non abonado 69 €
Campus Sar 2 semanas abonado (prezo por semana) 44 €
Campus Sar 2 semanas non abonado (prezo por semana) 67 €
Campus Sar 3 semanas abonado (prezo por semana) 42 €
Campus Sar 3 semanas non abonado (prezo por semana) 65 €
Campus Sar 4 semanas abonado (prezo por semana) 39 €
Campus Sar 4 semanas non abonado (prezo por semana) 62 €

Descarga aquí o FORMULARIO DE INSCRICIÓN, a NORMATIVA e o MATERIAL NECESARIO

Descarga aquí a DECLARACIÓN RESPONSABLE

Descarga aquí as MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE FRONTE AO COVID-19

 

 

Pin It