Compensación de actividades non desfrutadas

Nos cursiños de natación e nas actividades de nenos non desfrutados como consecuencia do peche das instalacións pola Covid-19 entre o 14 de marzo e o 7 de xuño de 2020, procederemos do seguinte xeito:

ACTIVIDADES KIDS

  • QUÉ PASARÁ COAS ACTIVIDADES KIDS NO VINDEIRO CURSO?

A partir de outubro retomaremos as actividades Kids de Karate, Capoeira e Zumba nos mesmos horarios existentes. Patinaxe queda suspendido e Kick Boxing cambiará de día: en lugar do mércores ás 18:05h será os venres ás 18:05h.

  • CÓMO PODO COMPENSAR AS CLASES NON DESFRUTADAS?

Existen 3 posibles vías de compensación das clases que non desfrutaches por mor do estado de alarma e o peche dos centros:

  1. Compensación dende o mes de outubro polo mesmo período non desfrutado na mesma ou noutra actividade Kids
  2. Compensación, descontando o importe non desfrutado, no Campus Sar deste verán, ou noutras edicións posteriores (Nadal, Entroido, Semana Santa…)
  3. Compensación, se ningunha das anteriores opcións che interesa, mediante a devolución da contía que corresponda ao período non desfrutado.
  • CÓMO SOLICITO A COMPENSACIÓN?

Escríbenos un correo electrónico a info@multiusos.net indicando os teus datos (no caso de devolución da contía, inclúe tamén o nº de conta), os datos do curso e o tipo de compensación que desexas.

 

CURSOS DE NATACIÓN NENOS E ADULTOS

  • QUÉ PASARÁ COS CURSIÑOS DE NATACIÓN NO VINDEIRO CURSO?

A partir de outubro retomaremos os cursiños de natación nos mesmos horarios e grupos existentes.

  • CÓMO PODO COMPENSAR AS CLASES NON DESFRUTADAS?

Existen 3 posibles vías de compensación das clases que non desfrutaches por mor do estado de alarma e o peche dos centros:

  1. Compensación polo mesmo número de clases non desfrutadas en vindeiras edicións de cursiños de natación.
  2. Compensación, descontando o importe non desfrutado, noutro servizo existente nos centros: Campus Sar deste verán, Nadal, Entroido, Semana Santa…
  3. Compensación, se ningunha das anteriores opción che interesa, mediante a devolución da contía que corresponda ao período non desfrutado.
  • CÓMO SOLICITO A COMPENSACIÓN?

Escríbenos un correo electrónico a info@multiusos.net indicando os teus datos (no caso de devolución da contía, inclúe tamén o nº de conta), os datos do curso e o tipo de compensación que desexas.

No caso doutras actividades complementarias non desfrutadas polo peche das instalacións (Pilates Mat, Reformer, TRX…), poñerémonos en contacto contigo.  

Pin It