RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES PARA CÁRITAS

Porque todos os nenos teñen a mesma ilusión no Nadal, un ano máis sumámonos á campaña de recollida solidaria de Cáritas, coa esperanza de sexan moitos os que grazas á vosa xenerosidade teñan a oportunidade de estrear xoguetes novos.

Enlazando coa nosa vocación de promulgar o deporte en todas as etapas da vida, dende o Multiusos e Santa Isabel animámosvos a participar con complementos ou xoguetes deportivos que poidan desfrutar rapaces de 0 a 18 anos.

Tedes ata o 16 de decembro para colaborar. Na recepción dos centros hai mesas onde podedes deixar a vosa aportación.

GRAZAS!

 

Pin It