Últimos días de inscrición preferente para abonadxs para o CAMPUS SAR VERÁN 2021

Os nenos e nenas de Compostela volverán desfrutar este verán da programación multidisciplinar do Campus Sar, que se desenvolverá no Multiusos Fontes do Sar dende o 23 de xuño ata o inicio do curso escolar en setembro en quendas semanais. Actividades ao aire libre, piscina exterior, actividades deportivas en contacto coa natureza, actividades en inglés, obradoiros temáticos, baile, xogos tradicionais, clases dirixidas… centrarán o seu entretemento. Os protocolos do campamento seguirán en todo momento as indicacións estipuladas polas autoridades sanitarias e o aforo estará limitado.

O campamento, destinado a rapazas e rapaces de entre 4 e 14 anos, conta coa presenza de profesionais con formación específica, entre os que se contan licenciadxs en educación física, monitorxs de tempo libre, instrutorxs… As actividades desenvolveranse de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h, coa posibilidade de ampliar o horario de 8 a 15 horas para quen o desexe.

Xs abonadxs ao Multiusos Fontes do Sar e ao C.D. Santa Isabel terán inscrición preferente ata o 31 de maio. A patir do 1 de xuño poderán optar ás prazas restantes os non abonadxs. En función das semanas que precisen e da súa condición ou non de abonados das instalacións, o prezo parte dende 39€ a semana:

Campus Sar 1 semana abonadx 46 €
Campus Sar 1 semana NON abonadx 69 €
Campus Sar 2 semanas abonadx (prezo por semana) 44 €
Campus Sar 2 semanas NON abonadx (prezo por semana) 67 €
Campus Sar 3 semanas abonadx (prezo por semana) 42 €
Campus Sar 3 semanas NON abonadx (prezo por semana) 65 €
Campus Sar 4 semanas abonadx (prezo por semana) 39 €
Campus Sar 4 semanas NON abonadx (prezo por semana) 62 €

Descarga AQUÍ a folla de inscrición.

Descarga AQUÍ o consentimento para imaxes e saídas.

Descarga AQUÍ as medidas implementadas fronte ao COVID-19. Todas as medidas se adaptarán en función da normativa vixente.

Pin It