Movember

Novembro é o mes de Movember, o movemento que busca dar visibilidade e financiar proxectos vinculados coa saúde masculina, relacionados coa saúde mental, a prevención do suicidio, ou os cancros testiculares e de próstata.

Este ano aínda non podemos lucir bigote facendo deporte nos centros, pero non por elo queremos deixar de dar proxección a esta iniciativa e animarvos a que vós tamén o fagades. 🖤

E como podemos facelo se levamos unha máscara? 😷 Aquí van algunhas ideas:
✔️ Saca unha foto fóra das instalacións, cando veñas adestrar.
✔️ Saca unha foto mantendo a distancia cos teus compañeiros na actividade de running.
✔️ Saca unha foto nos centros lucindo un bigote compatibe coa máscara. Pensa opcións! Píntao nas cellas, trae unha máscara con bigotes…

👉 Por cada foto que subas este mes no teu stories co hashtag #Movember e nos etiquetes, premiaremos o teu xesto cunha medición da composición corporal con tanita en Multiestetic. Recorda que se o teu perfil é privado, precisamos que nos envíes un pantallazo coa publicación para que poidamos corroboralo.

Pin It