Campaña de recollida de xoguetes novos con Cáritas para o Nadal

Un ano máis poñemos en marcha con Cáritas a campaña de recollida de xoguetes novos para o Nadal, e queremos apelar á túa colaboración para que coma en anos anteriores volva ser todo un éxito.

Dende o 18 de novembro e ata o vindeiro 17 de decembro podes deixar o teu agasallo nas mesas que haberá na entrada do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel.

Como noutras ocasións, no noso afán por promover a práctica deportiva dende pequenos, gustaríanos fomentar a doazón de xoguetes e complementos deportivos.

Grazas por colaborar!

 

Pin It