Campus Nadal 2026

Este Nadal volve o Campus Sar, no que xa te podes inscribir a través do formulario.

  • 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de DECEMBRO
    4, 5 e 7 de XANEIRO
  • De 8.45 a 14.30h con opción de ampliar de 8 a 16h e COMEDOR (non hai posibilidade de ampliación de tarde ou comedor o: 24, 31 de decembro e 5 de xaneiro).
  • Destinado á cativada de 4 a 16 anos
  • Actividades: Deporte, actividades en inglés, obradoiros temáticos, piscina, pádel e tenis…
  • Prezo por día:
    • Horario de 08:45 a 14:30 (10,90€/día abonadxs // 16,66€/día non abonadx)
    • Ampliación de mañá (opción de almorzo): 8:00 a 8:45  (+2,46 euros// +3,92 euros).
    • Ampliación de tarde: de 14:30 a 15:00 horas. (+1,44 euros// +2,46 euros).
    • Comedor: o horario será de 14:30 a 16:00. A recollida será no Hall principal do Multiusos Fontes do Sar. (+10,3 euros// +13,4 euros).

A recepción e a recollida dos nenos e nenas será no hall principal do Multiusos Fontes do Sar.

Guía de Inscrición ao Campus

Para completar a súa inscrición correctamente, siga estes sinxelos pasos:

1. Acceso e Rexistro

  • Identificación: Acceda ao enlace do formulario. Se aínda non ten conta, cree un novo rexistro.

  • Inicio: Unha vez dentro, abra o menú (tres raias horizontais) e seleccione “Nova inscrición campus”.

  • Datos: Complete a información solicitada do menor.

    • Importante: Marque correctamente se o neno/a é abonado/a para aplicar a tarifa correspondente.

2. Selección de Días de Asistencia

  • Seleccione no calendario o seu período de asistencia, pódese escoller dias alternos.

3. Solicitude de Servizos Extra (Mañás, Tardes ou Comedor)

Para contratar estes servizos, é necesario realizar o proceso por cada semana de forma independente, seguindo estes pasos:

  1. Seleccione o día: Elixa o rango de días no calendario.

  2. Marque inicio e fin: Indique exactamente o día de inicio e de fin dese servizo.

  3. Elixa o servizo: Seleccione a ampliación desexada (Mañá, Tarde ou Comedor).

  4. Repita: Se necesita contratar servizos para outra data, inicie o proceso de novo desde o paso 1.

Nota importante: Comprobe que as datas tanto de asistencia coma das ampliacións son os correctos antes de confirmar a inscrición.

Pode acceder desde esta ligazón ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Pin It