Buscas o mellor plan para a rapazada nestas vacacións? No Multiusos Fontes do Sar témolo todo preparado para que a cativada non pare de desfrutar mentres aprende e fai deporte.
Datas e Horarios
O campus desenvolverase os días 30 e 31 de marzo, e o 1 e 6 de abril.
-
Horario xeral: De 8:45h a 14:30h.
-
Conciliación: Opción de ampliación de 8:00h a 16:00h.
-
Servizo de comedor: Dispoñible para quen o precise
Idades e Actividades
Un programa deseñado para nenos e nenas de 4 a 16 anos:
-
Deporte total: Actividades físicas e sesións diarias de piscina.
-
Raqueta: Iniciación ao pádel e tenis.
-
Creatividade e idiomas: Obradoiros lúdicos e actividades en inglés.
Inscrición e Prezos
As prazas son limitadas! Podes realizar a inscrición dende o 2 de marzo nas recepcións de MultiSan.
| Categoría | Prezo por día |
| Abonados/as | 10,75€ |
| Non abonados/as | 16,50€ |



