A piscina de Santa Isabel volve abrir as súas portas o luns 16 de marzo

Tras as obras de mellora integral impulsadas polo Concello de Santiago, a piscina do Complexo Deportivo de Santa Isabel reabre ao público o vindeiro luns 16 de marzo.

O resultado supón un salto de calidade na instalación e un cambio visual significativo, cun espazo máis moderno e eficiente orientado a optimizar o benestar das persoas usuarias.

A piscina retomará a súa actividade no horario habitual, facilitando que poidas volver ás túas rutinas de adestramento ou lecer desde primeira hora da mañá.

Pin It