O instructor de Ioga Toño González impartirá este sábado, 17 de abril, unha xornada de ioga e relaxación en solidariedade con Haití. Será a partir das cinco e media da tarde no Complexo Deportivo Santa Isabel. As persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente (tlfno. 650 377 718) e facer unha aportación de 10€, que se destinarán á Cruz Vermella, unha das institucións humanitarias que están a traballar no país devastado polo terremoto. A xornada consitirá nunha sesión de Ioga en parella, sinxelas técnicas de masaxe e Ioga Nidra.
Noticias Relacionadas
-
Apertura en festivos no mes de maio...
24/04/2024 -
Aberta a inscrición para o Campus Sar de...
17/04/2024 -
Invitámosche a dar un paseo polos centro...
02/04/2024 -
Horario de festivos en Semana Santa...
25/03/2024