O Multiusos Fontes do Sar foi escenario do “Help Concert”, con Morcheeba, Juliette Lewis e Cornelius 1960

O 24 de xuño o Multiusos Fontes do Sar acolleu a iniciativa “Help Concert”, un concerto incluído na programación de Xacobeo que pretende concienciar sobre os efectos do cambio climático e sobre a conservación do medio ambiente.
Os británicos Morcheeba, a cantante e actriz estadounidense Juliette Lewis, e os galegos Cornelius 1960 integraban o cartel. A banda inglesa Morcheeba presentou en exclusiva no noso país o seu último traballo, Blood like lemonade. Amais, regresaron pisando forte, coa súa mítica vocalista Skye Edwards. A recadación da noite foi destinada a Manos Unidas e Juntos Podemos.

Pin It