O Multiusos Fontes do Sar acolleu a actuación de Hombres G

A Xunta de Galicia deseñou un variado programa cultural con motivo da visita que o Papa realizou a Santiago de Compostela. O mesmo día da visita de Benedicto XVI, o sábado 6 de novembro, o Multiusos Fontes do Sar acolleu a actuación do grupo Hombres G, un concerto que tamén foi unha homenaxe á labor dos máis de 600 voluntarios que traballaron durante a visita do Papa. Arredor de 2.000 persoas gozaron do percorrido pola carreira musical que ofreceu a banda en máis de hora de media de concerto.

O mítico grupo do pop español dos anos 80 e principios dos 90, Hombres G, trouxo a súa enérxica posta en escena a Santiago de Compostela. En 2002, dez anos despois de que o cuarteto liderado por David Summers anunciara a súa separación, un dos grupos icona da década dourada do pop nacional, Hombres G, volveu co lanzamento ao mercado do seu traballo “Peligrosamente juntos”, no que ofrecían unha recompilación dos seus grandes éxitos, ademais de novos temas. Dous anos despois, viu a luz un novo traballo, Todo esto es muy extraño, co que reafirmaban a súa intención de quedarse na escena musical.

Pin It