O 23 de outubro entregáronse os diplomas ás dúas abonadas dos nosos centros que no mes de xullo aprobaron o exame de Cinturón Negro de Tai Chi pola Federación Galega de Kung Fu: Mª Dolores Sanz Lobo e Mª Mercedes García Vazquez. Ambas superaron a proba, deixando constancia e amosado a súa continuidade, esforzo, dedicación e bo facer. Para as dúas a nosa máis sinceira NORABOA polo seu logro e o noso AGRADECEMENTO polo esforzo realizado.