En Multiestetic queremos celebrar o noso terceiro aniversario ao teu lado.

Desde o centro de estética Multiestetic queremos darche as grazas por regalarnos a túa confianza ao longo destes tres anos de vida. Durante este tempo crecimos en tamaño, crecimos en oferta, crecimos en horario: medramos grazas a ti. Por iso queremos celebrar o noso aniversario ao teu lado, e entre o 21 e o 31 de marzo no centro de estética ofreceremos descontos do 50% en determinados produtos, regalaremos medicións gratuítas na tanita aos nosos clientes e contaremos con moitas sorpresas.
Este ano traballaremos para seguir cumprindo máis anos contigo. Grazas pola túa confianza.

Pin It