Borja e Pío, a mellor parella de pádel galega na actualidade, imparten un clínic nas pistas de Sar

A mellor parella do pádel galego, Borja Yribarren e Ignacio “Pio” Otero, estarán o sábado 5 de maio nas pistas de Sar para impartir un clínic do seu deporte. O curso terá unha duración de tres horas, de 17 a 20h, e ten un prezo de 10€ para abonados do Multiusos Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel, e de 20€ para non abonados.

Borja e Pío ofrecerán unha charla na que contarán a súa experiencia como profesionais, para logo dividir ao grupo en dous e desenvolver unha sesión de xogo de ataque (golpes, técnica, etc..) e de xogo de defensa.

Para poder participar é preciso ter 16 anos ou máis e inscribirse na recepción das piscinas Fones do Sar pagando o importe correspondente. O número máximo de asistentes é de 20.

Pin It