O Concello de Santiago celebra este sábado no Multiusos do Sar o Día Internacional da Familia, con actividades para os pequenos

Con motivo da celebración do Día Internacional da Familia o 15 de maio, o Concello de Santiago preparou unha xornada repleta de actividades en recoñecemento a esta institución. Será o sábado 12 de maio no Multiusos Fontes do Sar. Haberá teatro, obradoiros, mesas informativas, unhas xornadas de acollemento familiar e un espazo onde facerse fotos cos xogadores do Blusens Monbus e do Lobelle de Santiago.
Dende as 10:00 horas celebraranse diversos obradoiros para nenos e nenas de globoflexia, reciclaxe, elaboración de pulseiras e chapas, maquillaxe, manualidades, lingua de signos etc. Tamén a esa hora comezarán as II Xornadas de Acollemento Familiar en Galicia: Crecendo xuntos en acollemento, promovidas por Familias Acolledoras de Galicia.
Os que se acheguen ata Sar tamén poderán atopar as mesas informativas dispostas por diversas asociacións e entidades de iniciativa social, que divulgarán o importante labor que realizan. Outra actividade destacada será o teatro. Ás 12:00 e ás 16:30 horas haberá representacións da obra Rosalía, a pulga que escribía e, ás 19.00 horas, porase en escena o musical La abeja Maya.
A programa desta xornada complétase cun espazo onde as familias poderán facerse unha foto cos xogadores profesionais do Blusens Monbus e do Lobelle de Santiago.

· REPRESENTACIÓNS PROGRAMADAS:
12.00h – 12.45h. Teatro: “Rosalía, A Pulga que escribía”
16.30h – 17.15h. Teatro: “Rosalía, A Pulga que escribía”
19.00h – 20.05h. Musical: “La Abeja Maya”

· ACTIVIDADES:
10.00h – 20.30h.
Talleres para nenos e nenas de globoflexia, reciclaxe, elaboración de pulseiras e chapas, maquillaxe, manualidades, lingua de signos, etc.
Mesas informativas de asociacións e entidades de iniciativa social.
10.00h – 14.00h
Celebración das II Xornadas de Acollemento Familiar en Galicia: Crecendo xuntos en Acollemento. Promovidas pola FAG.

Pin It