Síntete mellor con Pilates Reformer. Ofertamos novos cursos!

O Multiusos Fontes do Sar engade máis clases de Pilates en máquinas Reformer ás xa existentes. A actividade, que se pode desfrutar a un prezo moi asequible, aporta numerosos beneficios a quen o practica. Consulta os novos horarios na recepción da instalación.
Practicar Pilates é practicar saúde. Como dixo no seu momento o mestre J. Pilates, “en dez sesións sentirás a diferencia, en vinte sesións verás a diferencia, en trinta sesións cambiarache o corpo”.
Pilates Reformer é unha das máquinas máis completas deseñadas por Joseph Pilates. O seu sistema de resortes, agarres, poleas e muelles proporcionan unha resistencia variable, o que fai que sexa unha ferramenta moi accesible para todo tipo de públicos, independentemente da súa condición física: mulleres, homes, terceira idade, embarazadas…
O Pilates Reformer permite mellorar a flexibilidade, a axilidade, o sentido do equilibrio; mellora a coordinación de movementos e estimula o sistema circulatorio; fortalece e tonifica o cuerpo sen aumentar o volume muscular; mellora a alineación postural e corrixe os hábitos posturais incorrectos; permite previr e rehabilitar lesións do sistema músculo-esquelético; grazas ao traballo de respiración e concentración, permite eliminar o estrés e as tensións musculares e rixideces; aporta gran vitalidade e forza…
A actividade impártena no Multiusos Fontes do Sar instrutores certificados polas escolas máis prestixiosas de España e internacionais (PMA), e poden asistir tanto os abonados de ambos complexos como non abonados. Os prezos das clases son “low cost” en relación a outras instalacións.

Pin It