Os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel contan cun 10% de desconto ao facerse socio do Rio Natura Monbus

Todos os usuarios xa poden beneficiarse dun 10 por cento de desconto no prezo dos abonos da temporada para ver ao Rio Natura Monbus no Fontes do Sar.

Os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel teñen un 10 por cento de desconto na adquisición do seu abono para os partidos que o Rio Natura Monbus despute no Fontes do Sar a temporada 2013-2014.

Os abonados de ambos complexos xa dispuxeron dun 10 por cento de desconto na compra de entradas a temporada pasada tralo acordo acadado entre ambas entidades.
Os socios que queiran aproveitar esta oferta poderán adquirir os seus abonos dende este mesmo momento nas oficinas do club (en horario de 10 a 14 horas, e de 17 a 20 horas – de luns a venres).

A campaña de abonados ven cargada de vantaxes e descontos para tratar de conseguir o cheo en Sar nos partidos que o Rio Natura Monbus despute durante a Liga Endesa 2013-14.

Os descontos para accionistas son do 30%, sobre o prezo do abono, mentres que os abonados contan cun desconto do 5%. Tamén colectivos como estudiantes, maiores de 65 anos, minusválidos, parados de longa duración ou federados, teñen un desconto do 5%.
Amais aa Campaña de abonos para a temporada 2013-14 trae unha novidade, xa que, por cada amigo que se una á “Miudiño Terapia“ recibirás un 5% de desconto no prezo do abono. Amais é acumulable a outros descuentos. Esta iniciativa pode converterse tamén nun acto solidario cos teus amigos, cedéndolles a eles o descuento por ser amigo de quen xa pertence á Miudiño Terapia.

O prezo para ver todos os partidos do Rio Natura Monbus varía segundo a zona escollida pero a más barata obtense por 188 euros. E é que para os impulsores desta campaña o obxectivo é que o Rio Natura Monbus estea acompañado, nesta nova andadura pola Liga Endesa 2013-14, polo maior número de afeccionados.

Pin It