Abónate agora ao Multiusos Fontes do Sar ou ao C.D. Santa Isabel e terás MATRÍCULA GRATIS!

A partir do 2 de setembro se te das de alta no Multiusos Fontes do Sar ou no Complexo Deportivo Santa Isabel regalámosche a matrícula! E amais, ao abonarte poderás desfrutar dunha medición da composición corporal con tanita totalmente gratis. A promoción está limitada aos primeiros 300 abonos.

No Multiusos Fontes do Sar e no C.D. Santa Isabel podes desfrutar de todo o deporte dende 18,80 € ao mes. Como abonado poderás utilizar a sala de musculación e cardio, xogar ao fútbol sala ou baloncesto na pista polideportiva, ao tenis de mesa, ir a piscina, a sauna e baños de vapor, e acudir ás máis de 300 clases dirixidas que se programan cada semana: crosscircuit, gliding, autodefensa, light contact, zumba, fitbike, bodystep, estiramentos, capoeira, pump, combat, aquafitness, aeróbic, ioga, abdominais e glúteos, tai-chi, GAP, +60, estilos, elyptic, alto impacto, AFS, ritmo, RPM, bodyjam, tono… E todo isto cantas veces queiras, de xeito ilimitado, dentro do amplo horario de apertura do centro.

Amais, tamén tes á túa disposición actividades e servizos complementarios aos que poderás acceder cun prezo especial para abonados, como pádel e tenis, cursos de natación, Pilates Mat ou Reformer, TRX, Escola de Espalda, plataformas vibratorias, centro de estética, centro de fisioterapia…. E o carné de abonado permitirache desfrutar de descontos en determinados establecementos e servizos: p.ex. 10% de desconto se te fas socio do Rio Natura Monbus, rebaixas no centro de estética Multiestetic, Deportes Caneda, Decathlon, Midas, Viajes Viloria, Opticalia, etc.

Xa non tes excusa para poñerte en forma! MATRÍCULA GRATIS e todo o deporte dende 18,80€ / mes!

Pin It