CANCELADO o concerto de Bunbury previsto para o sábado 7 de xuño

O concerto que BUNBURY tiña previsto ofrecer o sábado 7 de xuño no Multiusos Fontes do Sar queda cancelado por razóns alleas á organización. Segundo indica o artista, suspéndense as catro primeiras citas incluídas na xira, entre elas Santiago, debido aos problemas de saúde do guitarrista da banda, Jordi Mena, quen terá que ser operado “de urxencia” este mércores. O procedemento para a devolución do importe das entradas adquiridas será o seguinte:

Ticketmaster:
– compra WEB e TELEFÓNICA: a devolución realizarase na mesma tarxeta coa que se realizou a compra. – compra en TENDAS: o cliente debe achegarse ao punto de venda para que dende alí lle abonen o importe da súa entrada.

Marcaentradas.com
A devolución do importe das entradas adquiridas en www.marcaentradas.com para o evento cancelado realizarase sobre a mesma tarxeta coa que se realizou a compra. Dita devolución farase a partir de mañán 4 de xuño e a verán reflexada nos extractos da súa tarxeta en breve. O artista transmitiu este comunicado a través das redes sociais: “A quien corresponda e interese: Las últimas horas en el seno de “Los Santos Inocentes”, mi banda de apoyo, han sido muy duras y complicadas. Finalmente, mi amigo y guitarrista de la banda, Jordi Mena, será operado de urgencia, mañana 4 de junio, por la mañana. Hoy no pudimos asistir a la rueda de prensa que habíamos convocado para presentar la gira española de PALOSANTO. Pido disculpas por avisar a nuestros compañeros periodistas y fotógrafos con tan escaso margen de tiempo. En cuanto a los conciertos de la gira, definitivamente, nos resultará imposible realizar los primeros shows en Valladolid, Santiago de Compostela, Granada y Sevilla. El resto del Tour, sigue tal y como estaba previsto. Espero sepan entender la desgracia que supone para nosotros una cancelación. Pedimos respeto y disculpas a los afectados. Enrique Bunbury”

Pin It