En setembro haberá novos cursos de pádel e tenis nas pistas de Sar

No mes de setembro haberá cursiños mensuais de pádel e tenis nas pistas de Sar tanto para nenos como para adultos (a partir de 16 anos). A inscrición para estas clases abrirase para os abonados das instalacións o luns 18 de agosto, mentres que os non abonados terán que agardar ata o luns 25 de agosto. En ambos casos deberán dirixirse a control de accesos das piscinas Fo51ntes do Sar para anotarse.

Os prezos dos cursiños van dende os 11,20 €/mes aos 53€, da seguinte forma:

.Adultos abonados: 20€/mes (1 clase/semana) 26,50€/mes (2 clases/semana)
. Adultos non abonados: 40€/mes (1 clase/semana) 53€/mes (2 clases/semana)

.Nenos abonados: 11,20€/mes (1 clase/semana)
.Nenos non abonados: 22,40€/mes (1 clase/semana)

É imprescindible estar empadroado no concello de santiago para inscribirse nos cursos de non abonados. Os cursiños son grupais, e celebraranse se hai un mínimo de 3 inscritos no caso dos adultos e cun mínimo de 4 inscritos en nenos. Consulta dispoñibilidade de prazas na recepción das piscinas de Sar, e pregunta ao teu monitor ou en recepción da instalación polo teu nivel.

 

 

Pin It