Clases de Pilates Reformer de acceso gratuíto para abonados

En agosto haberá clases de PILATES REFORMER de acceso gratuíto para abonados para que coñezades de preto os numerosos beneficios  desta completa actividade. Serán este venres 8 de agosto ás 8:30h e o vindeiro luns 11 ás 8:30 e ás 9:30h. Se che interesa anótate na recepción do Multiusos Fontes do Sar.

Por outra banda, xa está aberta a inscrición para as clases de Pilates Reformer de setembro e para o trimestre outubro-decembro. Se queres reservar praza xa o podes facer en control de accesos da instalación. 

O Pilates mellora a circulación de todo o corpo, aumenta a absorción do calcio e diminúe a dor causada por vicios posturais e hernias, axudando a previr a osteoporose, a dor de costas e a fibromialxia. Como fortalece os músculos, o Pilates con Reformer evita, ademais, fracturas se xa se produciu diminución de masa ósea. E, ademais, ao traballar fundamentalmente co abdome, os músculos desa zona tan difícil de modelar tonifícanse, e reducen volume do contorno de cintura.

Pin It