Aberta a inscrición para os cursos trimestrais de pádel e tenis

No mes de abril empezan novos cursiños trimestrais de pádel e tenis nas pistas de Sar tanto para nenos como para adultos (a partir de 16 anos). A inscrición para estas clases realizarase na recepción das piscinas Fontes do Sar do seguinte xeito:

CURSOSPADELETENISABRIL16.Ata o 20 de marzo: inscrición preferente para abonados que queiran manter a praza de marzo.
.A partir do 21 de marzo: inscrición para abonados.
.A partir do 28 de marzo: inscrición para non abonados.

Os prezos dos cursiños van dende os 11,20 € aos 53€ ao mes, da seguinte forma:

.Adultos abonados: 20€/mes (1 clase/semana) 26,50€/mes (2 clases/semana)
.Adultos non abonados: 40€/mes (1 clase/semana) 53€/mes (2 clases/semana)

.Nenos abonados: 11,20€ (1 clase/semana) 16€ (2 clases/semana)
.Nenos non abonados: 22,40€ (1 clase/semana)

É imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago para inscribirse nos cursos de non abonados. As clases son grupais, e celebraranse se hai un mínimo de 3 inscritos no caso dos adultos e de 4 inscritos en nenos. Consulta dispoñibilidade de prazas en control de accesos das piscinas de Sar, e pregunta ao teu monitor ou en recepción da instalación polo teu nivel.

Pin It