Éxito de participación no Campionato Galego de Kickboxing Light Contact celebrado no Multiusos

ctogalegokickboxingfotoO pasado sábado 14 de maio o Multiusos Fontes do Sar acolleu a celebración do Campionato Galego ‪Kickboxing‬ modalidade ‎LightContact. A proba contou con unha alta participación, con máis de 20 clubs e 200 deportistas de toda a comunidade.

O club de Juancho Vázquez, organizador do evento, logrou moi bos resultados con un total de 20 metais: 4 ouros, 7 pratas e 9 bronces. Noa Cuesta, Sara Slazar, Vera Rodríguez e Beatriz Pérez acadaron os ouros. Tomás Vázquez, Ainara Vilafañez, Aitana Sánchez, María Ortega, Rubén Iglesias, Fernando García e Javier Fajardo conseguiron as pratas. E pola súa banda Óscar Vázquez, Pablo García, Alejandro Cabaleira, Adrián Iglesias, Paula Villar, Sarai García, Santiago Fernández, Bruno Bouza e Ivan Castro colgaron os bronces.

NORABOA a tod@s rapaces!

Pin It