Desfruta do partido Monbus Obradoiro – Morabanc Andorra por só 9 euros por ser abonado das instalacións

O baloncesto de élite volve o 30 de decembro ao Multiusos Fontes do Sar da man do Monbus Obradoiro, que terá que enfrontarse ao Morabanc Andorra,  encontro que estará patrocinado polo Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel. É por isto que todos os abonados das dúas instalacións poderán beneficiarse dunha PROMOCIÓN ESPECIAL para eles: mercar entradas a 9€ para Tribuna 2 en venta anticipada nas oficinas do club (promoción válida ata completar o aforo dispoñible para a venta).

Cada abonado das instalacións do Multiusos Fontes do Sar e Santa Isabel poderá mercar un máximo de dúas entradas e deberá amosar a súa tarxeta de socio no momento da compra.

Pin It