O luns 22 abre a piscina de verán Fontes do Sar

O vindeiro luns abre as súas portas a piscina de verán Fontes do Sar no seu horario de sempre, de luns a domingo, incluidos festivos, de once da mañá a nove da noite. O acceso será gratuíto para abonados do Multiusos Fontes do Sar e C.D. Santa Isabel, mentres que os que non están inscritos aos centros terán que pagar a correspondente entrada.

Para adaptarse á situación actual, o aforo do recinto está limitado e existen parcelas delimitadas de 3×3 metros e ocupación máxima de dúas persoas, tanto na zona da praia da piscina coma no céspede. Asimesmo, ubicaranse estacións de limpeza en varios puntos do recinto e realizarase unha desinfección constante das zonas de uso. Os usuarios, amais das normas habituais, deberán levar máscara nas zonas comúns, respectar en todo momento a distancia social, e recoméndase que poñan as gafas ao bañarse polos altos niveis de cloro.

Nesta edición os abonados contarán cunha reserva preferente previa para asegurar a praza, que poderán facer de xeito online dende o día anterior. Os non abonados e aqueles abonados que non fixeran reserva online, deberán asistir de xeito presencial á recepción das piscinas.

  • RESERVA PREVIA ONLINE (dende o día anterior). Só abonados.
  • TRÁMITE PRESENCIAL EN RECEPCIÓN (o mesmo día). Abonados e non abonados.

As piscinas de verán Fontes do Sar dispoñen de tres vasos: un “de competición” de 425 m³ de lámina de auga, outro de aprendizaxe de 445 m³ de lámina de auga, e un terceiro de chapoteo de 120 m³ de lámina de agua que se usa exclusivamente no verán. Contan cunha ampla zona de vestiarios, unha enfermería e unha cafetaría, que só permanece aberta durante a época estival. Todos os usuarios que acudan ás piscinas teñen que levar máscara, bañador, gorro de baño e chanclas, e deben cumprir unha serie de normas, tales como ducharse antes de entrar na auga, non usar colchonetas ou non tirarse á auga de cabeza. Amais, os menores de 12 anos deberán entrar acompañados dun adulto.

 

 

Pin It