En outubro comeza unha nova edición de cursiños de natación en Santa Isabel

En outubro comezará unha nova edición dos cursiños de natación cuadrimestrais para nenos e adultos nas instalacións,  que nesta ocasión conta con dous cambios de relevancia:

  • Debido ao peche temporal das piscinas Fontes do Sar para a substitución do globo presostático por unha cuberta telescópica, os cursiños celebraranse na súa totalidade no Complexo Deportivo Santa Isabel.
  • Debido a protocolos COVID e á xestión do aforo en vestiarios, nesta edición os cursiños de natación de nenos serán para idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos. Os nenos deberán ser autónomos e terán que acceder ao vestiario sós, sen a compañía dun adulto. Para controlar o cumprimento das normas en vestiarios, haberá un supervisor que vixiará esta zona en momentos de máis afluencia.

Aínda que os cursos se celebran só en Santa Isabel, nesta edición  poden acceder a eles tanto os abonados desta instalación como os do Multiusos Fontes do Sar.

A inscrición aos cursos será só a través da web para facilitar os trámites online.  Abrirase para abonados adultos o 24 de setembro e o día seguinte para os nenos. Os non abonados poderán anotarse o 29 de setembro no caso dos adultos e o día 30 os nenos. Hai cursiños de iniciación, perfeccionamento, maiores de 60 anos, natación preparto, terapéutica… Podes consultar a oferta de prazas AQUÍ.

Pin It