Cursos intensivos de pádel e tenis no verán

Este mércores abre a inscrición para os cursiños quincenais de pádel e tenis que se desenvolverán nas pistas de Sar durante os meses de xullo e agosto.

.ABONADOS/AS:
Inscrición preferente do 9 ao 15 de xuño
.Non abonados/as:
Inscrición dende o mércores 16 de xuño.
.En control de accesos das Piscinas Fontes do Sar de 11 a 15h e de 18 a 21h.

PREZOS QUINCENA:

.Adultos abonados:
(a partir de 16 anos)
10€ (1 clase/semana)
13,25€ (2 clases/semana)
. Adultos non abonados:
20€ (1 clase/semana) 26,50€ (2 clases/semana)

.Os cursiños son grupais. Celebraranse se hai un mínimo de 3 inscritos.

.Consulta dispoñibilidade de prazas na recepción das piscinas de Sar.

·Consulta o teu nivel en recepción ou ao teu monitor.

Pin It